lunes, 6 de abril de 2015

[14 de abril]. POLA REPÚBLICA POPULAR.

[14 de abril]. POLA REPÚBLICA POPULAR.

O 14 de abril de 1931 proclamouse a Segunda República, como resultado da vitoria nas eleccións municipais dos partidos republicanos e socialistas e a renuncia á xefatura do estado do Rei Alfonso XIII. Os e as comunistas do PCE, saíron á rúa para denunciar o carácter burgués do novo réxime baixo as proclamas “¡Abaixo a República Burguesa!, ¡Vivan os soviets!”.  Mais esas posturas esquerdistas serían corrixidas co desenvolvemento do Partido e ca comprensión do avance histórico que supoñía a proclamación da república, como a propia experiencia do Frente Popular demostraría.Xa daquela entendían que por si só, o feito de eliminar a figura do monarca, non significa unha conquista da democracia para os traballadores e as traballadoras, pois esta tan só pode ser acadada coa instauración do socialismo e a posta dos medios de produción en mans do pobo.


No ano 1936 tivo lugar no Estado Español un fracasado Golpe de Estado de carácter fascista, dirixido nun principio por Emilio Mola e máis adiante por Francisco Franco, que desembocou nunha longa guerra civil que lle custou a vida a máis de medio millón de persoas e permitiu a  implantación dun estado terrorista que dende o ano 1939 vén permitindo un desenvolvemento do capitalismo a costa do establecemento dun réxime de terror e de falta de liberdades, xunto coa explotación da clase obreira, do campesiñado, da pequena burguesía... por parte do gran capital financeiro. Pero esta transformación de país semifeudal a estado capitalista tamén converteu ao proletariado na clase social máis numerosa e na vangarda da loita contra o fascismo.

Con todo, a situación política que seguiu a morte de Franco, caracterizouse pola ausencia dun proceso transaccional real, que rompese coa ditadura, xulgara os crimes do franquismo e regresase á legalidade republicana. Pola contra, o xenocidio fascista quedou impune como resultado da promulgación da Lei de Amnistía de 1977, que deixou libres de ser xulgados a todos os criminais afíns ao réxime. Un ano despois, coa aprobación da Constitución Española de 1978  o fascismo rematou de institucionalizarse no noso estado, perpetuando así a opresión e a miseria do capitalismo.

Polo tanto, do grado de desenvolvemento alcanzado dedúcese que a revolución pendente é a socialista, mais toman especial importancia a conquistas democráticas  do conxunto do poboque suprimiu o fascismo dende o golpe de estado.  Pero temos que ter claro que un simple cambio na xefatura do estado que non resolve os problemas das clases populares. O que os traballadores realmente precisan é dunha República Popular dirixida polo proletariado que leve a cabo unha serie de cambios democráticos e revolucionarios que serán a base da construcción socialismo:

- Rematar coa represión: disolución de todo o entramado lexislativo e represivo e amnistía para os presos e as presas políticos/as.

- Mellorar as condicións de vida do pobo: dereito real á vivenda e ao traballo, redución da xornada laboral, liberdades políticas e sindicais plenas, eliminación do patriarcado, educación e sanidade públicas e de calidade etc.

- Dereito de autodeterminación: dereito dos pobos que conforman o Estado Español a estruturarse de maneira independente se así o decidisen e a escoller a súa forma de goberno.

- Saída da UE e da OTAN: abandono inmediato de toda organización imperialista, xunto coa práctica dunha solidariedade activa con todos aqueles pobos agredidos polo imperialismo e en loita contra este.

POLA REPÚBLICA POPULAR:                                     

¡ORGANÍZATE E LOITA!

1 comentario: