martes, 28 de abril de 2015

1º DE MAIO: TOD@S Á RÚA POLA REPÚBLICA POPULAR!



Achégase un ano máis o 1º de maio, o Día internacional da Clase Obreira; data na que historicamente os comunistas organizan e miden as súas forzas e influencia entre os traballadores. Por outra banda tamén é un día de loita, un día para sintetizar as reivindicacións, para unir as diversas protestas parciais dos traballadores, tanto sindicais como políticas, O 1º de maio debe servir para unificar as loitas non gran torrente pola república popular

Actualmente o movemento popular atópase nunha situación de especial desmobilización, deste xeito é claramente palpable o descenso das protestas repsecto a estes úlitmos anos, mais non debe estrañarnos. Dende o inicio da cirse e o conseguinte deterioro das condicións de vida da clase traballadora, vivimos un aumento significativo da loita popular en todos os planos, tanto na cantidade de mobilizacións como na elevación dos métodos de loita. Durante estos últimos anos, que comprenden o final do goberno de Zapatero e o de Rajoy os vellos problemas da "transición" volveron poñerse en primeira plana. Destacando aquí a cuestión nacional catalana, o cuestionamento da monarquía e a total desconfianza do pobo nas institucións, que avanzou dende o pacifismo do 15-M ata os duros enfrontamentos de Gamonal , dos Rodea o Congreso, etc. En canto ao movemento obreiro, observouse un significativo avance coa folga da minaría, de Pan Rico, Coca Cola ou Madrid Río nas cales os traballadores sobrepasaron o control das mafias sindicais, ben untadas pola patronal, que conflicto tras conflicto intentaron desmobilizar e vender aos traballadores.

Todo esto levou a que se reducise considerablemente a base do réxime, a debilitalo significativamente, ante o cal este respondeu con máis e máis represión ,así como aumentando o entramado lexislativo que xa conformaban a Lei de Partidos e a lexislación "antiterrorista" e tamén sacando adiante a Lei Mordaza e a reforma do Código Penal. Outra consecuencia tamén foi a abdicación do Rei e a conseguinte renovación da monarquía con Felipe VI. Tanto a represión como estos largos anos de protestas levaron a un evidente desgaste do movemento popular e a este descenso das mobilizacións que antes apuntabamos. Esto débse á falta de organización e dirección política do movemento. Desta forma para dar continuidade á loita, analizar a experiencia pasada e sortear a represión é necesario organizarse e unificar as reivindicacións.

Esta palpable falta de organización levou ao pobo a confiar outra vez no conxunto de organizacións reformistas, entre as que se atopan Podemos, os ganemos, mareas etc. Baixo o noso punto de vista as eleccións poden ser unha opción do movemento popular de cara a cohesionar forzas entrno a un programa así como agravar a crise política do réxime. Pero a meirande parte destas novas organizacións e plataformas electorais para nada recollen as reivindicacións principais que estiveron presentes nas rúas estes pasados anos senon que xeran falsas ilusións electorais en detrimento da organización popular e das mobilizacións.

Pensamos desta forma que ca súa ambigüidade política, ao non situarse claramente cos intereses populares e democráticos só van xerar desmobilización e desorientación. Debemos desta forma situarnos nunha posición inequívoca ante as seguintes cuestión:

    -Cese da represión, derrogación de toda a lexislación antirrepresiva e amnistía para os presos políticos..
    -Autodeterminación para os pobos oprimidos polo Estado Español.
    -Saída da OTAN e da UE e cancelación unilateral da débeda, xunto coa denuncia do imperialismo.
    -Mellora Xeral das condicións de vida dos traballadores, o que pasa inevitablemente pola socialización dos sectores estratéxicos da produción e da banca.

Para acadar estos obxetivos non hai camiños fáciles nin chega con un voto nas eleccións, é necesario organizarse e desenvolver a loita popular en todos os planos. Este 1º de maio berremos:

SEN LIBERDADES POLÍTICAS NON HAI DEMORACIA!
NON VOTES, ORGANÍZATE E LOITA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario