Este 6 de decembro celébrase o 36º aniversario da "aprobación" en urnas da Constitución Española. Así dende as altas esferas tiran confeti e vivas a España: é a festa da democracia. Mais deixando á marxe as fabulosas mentiras que proclaman estes politicuchos de toda cor, analicemos brevemente a realidade do que foi a transición e a proclamación da Constitución de 1978.
Como data de arranque situarémonos en 1969 cando Franco nomea ao seu fiel cachorro sucesor, saltándose deste xeito a liña dinástica dos Borbóns. Todo vale por ter a un aférrimo defensor dos principios do Movimiento Nacional, ou polo menos así o xurou el mesmo. Estes anos, os 60 e 70 estarán marcados pola ruptura do PCE e a aparición de novas organizacións comunistas como: ORT, PCE(m-l), OMLE, PCE(i) entre outras. E por outra banda situámonos nos albores da loita nacional vasca así como a creación e desenvolvemento da UPG na Galiza. Como todos sabemos, a día de hoxe poucas destas organizacións seguen firmes nos seus principios, ou sequera existen. A creación de todas estas organizacións foi paralela a un forte incremento das mobilizacións polas liberdades políticas, polo auxe do movemento obreiro e da loita pola amnistía.
A realidade en cambio foi unha terrible represión con centos de mortos neste período. O ruído de sables como elemento de control social polo pánico. A autoaplicación da amnistía aos fascistas torturadores e cómplices do réxime, mais non a todos os antifascistas. Así como a non legalización dos partidos que se negaban a pasar polo aro. A todo isto súmaselle a continuidade absoluta do aparato estatal, policial, xurídico e militar do franquismo á democracia. Así como a incuestionabilidade da monarquía e da unidade de España. Ante todo isto pódese concluír que non houbo ningunha transición, nin constitución democrática dende o 1936 a día de hoxe.
A Constitución de 1978 só se pode entender como a instucionalización do fascismo no Estado Español. Cousa que podemos observar nas rúas hoxe máis que nunca. O fascismo é misera e opresión para o pobo. Ante isto, alcemos a bandeira da loita antifascista!
POLA REPÚBLICA POPULAR E O SOCIALISMO:
ABAIXO O RÉXIME FASCISTA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario